InicioSociedadeO Goberno de Lugo apoia a proposta de que a ponte sobre...

O Goberno de Lugo apoia a proposta de que a ponte sobre o Miño da N-540 reciba o nome de Tomás Notario Vacas

Tomás Notario Vacas, ademais de promotor e executor desta infraestrutura, foi tamén alcalde da cidade en dúas ocasións, primeiro por UCD e despois polo Partido Popular.

PUBLICADA O

- Advertisement -

goberno local de Lugo aceptou a proposta do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos para que o coñecido como Ponte Nova, ou ponte das Saamasas, reciba o nome de Tomás Notario Vacas. Esta proposta quere recoñecer ao promotor e executor desta infraestrutura, que salva o leito do Miño ao seu paso polo municipio dentro do trazado da N-540. Tomás Notario Vacas, ademais de enxeñeiro, foi tamén alcalde da cidade en dúas ocasións, primeiro por UCD e despois polo Partido Popular, quedando para a historia como o mandatario baixo o que se derrubou o Gran Teatro.

En 2021, impulsou a Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario, xunto á entidade bancaria, para axudar economicamente a estudantes da provincia. O viceportavoz do Grupo municipal Socialista, Pablo Permuy, e o portavoz do Grupo municipal do BNG, Rubén Arroxo Fernández, levarán ao Pleno deste mes unha proposta conxunta para facer esta solicitude ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, que é o propietario da estrada. O obxectivo é conseguir o respaldo da Corporación para esta distinción, que se acordou por unanimidade na xunta directiva do Colexio.

“A figura de Notario Vacas está estreitamente vinculada co desenvolvemento de infraestruturas crave para as e os lucenses e que, sendo desenvolvidas ao longo da segunda metade do século XX, non só están en pleno funcionamento, senón que ademais representan proxectos icónicos para a nosa cidade relacionados estreitamente coa nosa identidade colectiva”, explicaron desde o Concello. O Grupo Municipal do PP, pola súa banda, presentará unha emenda á proposición porque a consideran “insuficiente” e queren impulsar unha declaración firme da Corporación. Anunciou o partido que o seu apoio á petición do Colexio, pero solicitou unha xunta de portavoces “para debatela con rigor e conseguir o respaldo unánime da Corporación”.

ÚLTIMAS

Sindicatos sanitarios da área de Lugo piden á Xerencia que aplique a xornada de 35 horas en Atención Primaria

O comité de centros de atención primaria da área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte de...

O tenente de alcalde de Lugo comprométese a executar todo o programa electoral antes de 2027

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), comprometeuse este martes, día no...

O Concello de Lugo destaca que o Arde Lucus consolida á cidade como “referente turístico”

A edil de Cultura, Turismo e Promoción de Lingua do Concello de Lugo, Maite...

Condenado a 26 anos de cárcere o home que asasinou a Cristina Cabo no seu domicilio de Lugo

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou, en base ao veredicto do tribunal do...