InicioSucesosIdentificado un condutor que circulaba a 220 km/h nunha estrada de 100...

Identificado un condutor que circulaba a 220 km/h nunha estrada de 100 km/h tras subir un vídeo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a un condutor que circulaba a 220 quilómetros por hora nunha estrada limitada a 100 km/h, despois de ter constancia dun vídeo en redes sociais onde o home se gravaba conducindo a gran velocidade. En concreto, a publicación foi detectada en novembro e o vehículo circulaba pola LU-11 (Nadela-Tolda de Castela), ao seu paso polo termo municipal de Lugo.

A partir de aí, deuse inicio a unha investigación para determinar o día, a hora, o lugar, a matrícula do coche e o condutor. Segundo a Benemérita, a gravación efectuada desde o interior do vehículo, achegou aos investigadores datos externos (sinalización e edificacións) que permitiron a localización do lugar de comisión do ilícito penal, así como datos do vehículo.

“A identificación do condutor do turismo esixiu un labor de investigación máis laboriosa, ao ser necesario a análise exhaustiva e profunda das redes sociais”, engadiu a Garda Civil. Finalmente, foi identificado o home, investigado agora como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria, por conducir a unha velocidade superior en 80 quilómetros por hora sobre a velocidade máxima da vía.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...