InicioLugo e contornaA Deputación de Lugo colaborará coa Fundación de Dano Cerebral en ampliar...

A Deputación de Lugo colaborará coa Fundación de Dano Cerebral en ampliar o seu centro residencial

A Deputación de Lugo destinará 135.000 euros á Fundación de Dano Cerebral para mellorar e ampliar o seu centro residencial, segundo informa tras a firma dun conenio entre o seu presidente, José Tomei, e o da entidade, Luís Abelleira.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo destinará 135.000 euros á Fundación de Dano Cerebral para mellorar e ampliar o seu centro residencial, segundo informa tras a firma dun conenio entre o seu presidente, José Tomé, e o da entidade, Luís Abelleira. A firma foi no Pazo de San Marcos para colaborar cos gastos de reforma e ampliación do centro de atención a persoas con dano cerebral que a entidade xestiona nun espazo cedido pola Deputación en Castro de Rei.

Segundo explica Tomé, este investimento “reafirma o compromiso da Deputación de Lugo coas persoas máis vulnerables e co apoio ás entidades que traballan para mellorar a súa calidade de vida”. “Queremos garantir que este centro conte cunhas instalacións modernas e idóneas para ofrecer a mellor atención posible“, remarcou tamén.

O presidente provincial detallou que os fondos permitirán realizar a reparación exterior dos dous edificioes que conforman o centro, incluíndo a pasarela que os conecta mediante a instalación dun revestimento que garanta a súa impermeabilización, ademais do cambio de xanelas. As obras levarán a cabo ao longo das anualidades 2025, 2026 e 2027, cun custo estimado duns 208.498 euros, dos que a Deputación cubrirá en torno ao 65 por cento.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...