InicioSucesosA Policía Local de Lugo identifica a dous mozos facendo pintadas e...

A Policía Local de Lugo identifica a dous mozos facendo pintadas e a outro que esnaquizaba coches a fartar

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo identificou a dous mozos sorprendidos mentres realizaban pintadas na mañá de Nadal en muros da rúa Montero Ríos e en varios edificios da Rolda da Muralla. Segundo informou a Comisaría da Policía Local da capital luguesa, os mozos foron identificados ás 07,20 horas do pasado mércores por axentes da Policía de Barrio na rúa Castelao.

Os identificados levaban oito esprais, luvas, un rotulador permanente e unha bolsa con boquillas. Por todo iso, foron propostos para unha sanción que oscilaría entre 300 e 6.000 euros.

Ademais, a Policía Local tamén formulou unha denuncia contra outro home que foi identificado mentres esnaquizaba a fartar os retrovisores dos coches estacionados na Rolda Xosé Castiñeira.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...