InicioMedioambiente e PatrimonioLugo realiza case 900 rexistros de rede de sumidoiros para controlar as...

Lugo realiza case 900 rexistros de rede de sumidoiros para controlar as pragas urbanas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo levou a cabo un total de 870 rexistros de rede de sumidoiros en nove sectores da cidade para controlar as pragas urbanas. Diso informou este luns o departamento de Transición Ecolóxica nun comunicado no que cualifica de “excelente” o estado no que se atopan os sumidoiros da capital luguesa despois do dispositivo despregado nos últimos meses.

“Ademais das fases de choque que levamos a cabo periodicamente, traballamos continuamente para atender as demandas cidadás e manter o estado excelente da cidade, reforzando a calidade da contorna urbana”, explicou o edil Mauricio Repetto.

O goberno local lugués asegura que “o 98,9% das arquetas tratadas presenten un grao de infestación leve e que ningún dos sectores avaliados rexistre infestación grave, consolidando a efectividade do dispositivo”.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...