InicioSociedadeA Audiencia de Lugo condena a dez anos de cárcere a un...

A Audiencia de Lugo condena a dez anos de cárcere a un home por violar á filla menor de idade dunha amiga

A sala considera probado que o día 15 de abril de 2023, o procesado, que estaba a pasar uns días no domicilio da súa amiga, que saíra a traballar, quedou na vivenda coa súa filla menor, de 14 anos, e dirixiuse á habitación na que estaba. Unha vez alí, segundo a sentenza, ofreceulle diñeiro, sen que o aceptase, polo que se foi, pero regresou uns minutos máis tarde e violouna.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a dez anos de cárcere a un home por agredir sexualmente a unha menor de idade, filla dunha amiga. A sala considera probado que o día 15 de abril de 2023, o procesado, que estaba a pasar uns días no domicilio da súa amiga, que saíra a traballar, quedou na vivenda coa súa filla menor, de 14 anos, e dirixiuse á habitación na que estaba.

Unha vez alí, segundo a sentenza, ofreceulle diñeiro, sen que o aceptase, polo que se foi, pero regresou uns minutos máis tarde e violouna. Tras os feitos, o procesado abandonou o domicilio e a vítima comunicoullo á súa nai en canto chegou, e acudiron ao médico. “O procesado limítase a negar os feitos, pero o seu testemuño está claramente desmentido non só polo testemuño da menor, senón tamén polo resultado das probas xenéticas. A maiores, refire a nai da menor que cando conseguiu contactar con el, recoñeceu os feitos”, subliña a sala no fallo.

Ademais da pena de prisión, o tribunal impúxolle a prohibición de comunicarse coa vítima e de aproximarse a ela por un período de 15 anos, así como 10 anos de liberdade vixiada, unha vez sexa cumprida a pena de prisión. O tribunal tamén o inhabilitou para exercer profesión, oficio ou actividades que leven contacto regular e directo con menores de idade durante 15 anos e privouno da patria potestade ou inhabilitado para o exercicio dos dereitos da patria potestade, tutela ou curatela durante sete anos. Así mesmo, deberá de indemnizar á representante legal da menor con 10.000 euros por danos morais.

ÚLTIMAS

“Sempre estiven metido en comisións de festas e organizando eventos dende adolescente”, Daniel Veiga, ‘Plenario’

Daniel Veiga cóntanos que é da aldea de Vilaouruz, na Pontenova, aínda que é popularmente...

Presentación ao vivo de ‘Alvela’, novo disco de Faia, en Lugo

FAIA presentará ao vivo Alvela este 2 de maio en Lugo. A partir das 20.30...

Volve a auga a Lugo logo da avaría da zona das Gándaras

O Concello de Lugo comunicou a recuperación do servizo de abastecemento de auga que...

O HULA funciona con normalidade a pesar do corte de auga por contar con dous depósitos

Unha avaría causada polas obras que está a levar a cabo Xestur no polígono...