InicioLugo e contornaLugoA alcaldesa de Lugo reclama á Xunta "desbloquear" a reforma do centro...

A alcaldesa de Lugo reclama á Xunta “desbloquear” a reforma do centro de saúde da Milagrosa

"Estamos a falar dun punto de Atención Primaria que atende a miles de lucenses e que neste momento conta cunhas instalacións que non cumpren os estándares do século XXI", remarcou Paula Alvarellos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, anunciou que o seu goberno instará formalmente á Xunta de Galicia a “desbloquear” a reforma do centro de saúde da Milagrosa e concretar “de forma inmediata” os prazos para a licitación do proxecto, a súa redacción e a posterior licitación e execución da obra.

A rexedora mostrou a súa preocupación e o seu malestar “polo atraso que acumula o proxecto, que aínda non foi licitado acumulando case un ano de atraso desde que a Consellería de Sanidade comprometeu a súa mellora o pasado mes de marzo”.

“Estamos a falar dun punto de Atención Primaria que atende a miles de lucenses e que neste momento conta cunhas instalacións que non cumpren os estándares do século XXI”, remarcou.

Ademais, sostivo que ” principios deste ano” a Xunta encomendou á Axencia Galega de Infraestruturas realizar o proxecto de execución da reforma do centro de saúde da Milagrosa. “Agora, a escasos días para que termine o ano, publican que non ten capacidade para levalo a cabo e devolven o encargo ao Sergas para que sexa o propio Sergas quen faga o proxecto”, aseverou.

ÚLTIMAS

PP pregunta a BNG se acepta os votos de Tomé e García Porto para seguir na vicepresidencia da Deputación

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, esixiu este venres á...

Detida unha muller en Lugo por presunta simulación de roubo con forza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha muller como presunta...

A Deputación de Lugo investirá un millón de euros en estradas e adquisición de nova maquinaria

A Deputación de Lugo deu a coñecer un novo paquete de investimentos que supera...

Unha pelexa nun after en Lugo mobiliza a varias unidades policiais

Dous mozos protagonizaron este xoves unha pelexa ante un local de after no centro...