InicioSucesosO xurado do caso Tatiana Vázquez declara a Ibrahima culpable

O xurado do caso Tatiana Vázquez declara a Ibrahima culpable

O xurado popular declarou culpable de asasinato e maltrato a Ibrahima N., procesado polo crime de Tatiana Vázquez, segundo a lectura do veredicto realizada na tarde deste venres

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xurado popular declarou culpable de asasinato e maltrato a Ibrahima N., procesado polo crime de Tatiana Vázquez, segundo a lectura do veredicto realizada na tarde deste venres.

O xoves nas conclusións elevadas a definitivas, todas as partes mantiveron o que xa expuxeran nas provisionais. Así, Fiscalía pide 25 anos de prisión polo asasinato da rapaza de Castro de Rei, ao que hai que sumar outros dous anos e medio máis por malos tratos.

A acusación particular, trala que están os pais da vítima, manteñen 25 anos e elevan a tres anos a pena por malos tratos. A defensa insistiu en proclamar a inocencia do seu patrocinado.

Ao acusado, Ibrahima N., permitíuselle a última palabra, antes de deixar visto para sentenza o xuízo. Así, usou esta quenda para reiterar que séntese “indignado coa policía, coa forma de facer as cousas” e afirmou: “Non matei a ninguén”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...