InicioSucesosUnha colisión entre un turismo e unha ambulancia en Monterroso deixa tres...

Unha colisión entre un turismo e unha ambulancia en Monterroso deixa tres persoas feridas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha colisión frontal entre un turismo e unha ambulancia no municipio lucense de Monterroso saldouse con tres persoas feridas, a condutora do coche e o paciente e o acompañante do vehículo sanitario.

Os feitos sucederon pouco antes das 21.00 horas no quilómetro 134 da estrada N-640. Segundo informou o 112 Galicia, foi o Servizo de Uxencias Sanitarias de Galicia-061 quen alertou á central de emerxencias de que unha das súas ambulancias acababa de sufrir unha colisión contra un coche neste punto.

Con estes datos, os xestores do 112 deron aviso ao GES de Monterroso, que cando chegou ao momento indicou que a condutora do vehículo non podía saír del, xa que as portas non abrían, polo que foi necesario empregar material de excarceración para liberala. Así mesmo, tamén participaron neste operativo axentes da Garda Civil de Tráfico e efectivos de Protección Civil da localidade.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...