InicioSociedadeO BNG pregunta ao Goberno sobre un novo atraso na liña Lugo-Monforte-Ourense...

O BNG pregunta ao Goberno sobre un novo atraso na liña Lugo-Monforte-Ourense por problemas no túnel de Oural tras as choivas

Néstor Rego pide ao Goberno aclarar se a liña se porá en funcionamento antes de final de ano, para cando fora prometido despois de que se movese a data inicial prevista para abril.

PUBLICADA O

- Advertisement -

BNG cuestionou ao Goberno sobre un novo atraso na posta en funcionamento da liña ferroviaria entre Lugo, Monforte e Ourense por problemas no túnel de Oural derivados das últimas choivas, que causaron danos nas obras. Nunha pregunta parlamentaria rexistrada no Congreso, o deputado do Bloque, Néstor Rego, instou ao Ministerio de Transportes a aclarar se a liña se porá en funcionamento antes de final de ano, para cando fora prometido despois de que se movese a data inicial prevista para abril.

Rego reclama ao Goberno que clarifique se existiu un derrube da trincheira no túnel de Oural debido ás últimas choivas e se isto provocará un novo adiamento da reanudación do tráfico ferroviario na liña. Desta forma, a formación frontista apela á Adif a fixar unha “data fiable” para a reapertura da liña.

ÚLTIMAS

Primeiros traballos para Miguel Fernández: obras no centro histórico e a aprobación dos orzamentos

O novo alcalde de Lugo, Miguel Fernández, fixo unha primeira valoración dos seus primeiros...

ALCER recibe os parabéns da Deputación por “mellorar a calidade de vida” das persoas con doenza renal

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, agradeceu á Asociación para a...

Detidos dous veciños de Lugo por supostas agresións ás súas respectivas nais

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron nas últimas horas a dous veciños da cidade, como supostos...

Miguel Fernández, novo alcalde de Lugo

Miguel Fernández converteuse este martes no novo alcalde de Lugo, o terceiro en dous anos,...