InicioCulturaFacua critica a Xunta por patrocinar o Caudal Fest, sancionado por cobrar...

Facua critica a Xunta por patrocinar o Caudal Fest, sancionado por cobrar pola devolución do diñeiro de pulseiras

PUBLICADA O

- Advertisement -

A organización de consumidores Facua criticou que a Xunta patrocinase o festival Caudal Fest, que se celebra en Lugo, despois de que o evento fose sancionado cunha multa de “tan só” 7.500 euros por “quedar de forma ilícita decenas de miles de euros das pulseiras cashless, ademais doutras cláusulas abusivas que impuxeron aos asistentes”.

Así, Facua considera “inaceptable” que a Xunta patrocinase este festival “sen comprobar de primeira man se incorría nalgunha vulneración dos dereitos dos consumidores”. Ademais, ve “aínda máis incomprensible” que mantivese este patrocinio “despois de que a promotora do evento fose sancionada por un dos seus propios organismos” –o Instituto Galego de Consumo– e “volvese a incorrer na mesma irregularidade este ano”.

Neste contexto, a asociación advirte de que o Goberno galego “parece primar o interese económico dos empresarios do evento por encima dos dereitos dos consumidores”. Por todo iso, Facua esixe á Xunta que “acabe co seu apoio” ao Caudal Fest “mentres reincida na comisión de infraccións contra os dereitos dos consumidores” e que non renove o seu patrocinio para a próxima edición do evento.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...