InicioSucesosUn veciño de Lugo morre na A-8 tras bater o coche contra...

Un veciño de Lugo morre na A-8 tras bater o coche contra unha vaca

O turismo procedente de Lugo, con catro ocupantes, viuse involucrado nun accidente en Cantabria por mor da presenza de vacas na autoestrada

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home natural de Viveiro e afincado en Lugo perdeu a vida como consecuencia do impacto do vehículo no que viaxaba contra unha vaca. O suceso, que segundo a Delegación do Goberno deixa outros tres feridos de consideración, produciuse na noite do mércores en Cantabria, na A-8 sentido Asturias.

As fontes de Tráfico recollidas polo GaliciaConfidencial afirman que a Garda Civil recibira avisos, contra as 23.30 horas do mércores, de que alomenos unha vaca entrara na A-8. Especúlase con que os animais puideron acceder á autoestrada pola conexión de Quijas.

O Instituto Armado informou desta circunstancia ao posto de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico en Valladolid, indicando a presenza dos animais nos paneis informativos da autoestrada para advertir aos condutores.

Falecido no acto

Lamentablemente, apenas quince minutos despois ocorreu a desgraza. Catro varóns procedentes de Lugo que viaxaban nun Audi A6 atopáronse cunha vaca no punto quilométrico 237, e o choque resultou fatal para M.G.L., de 54 anos, que faleceu instantaneamente.

Os tres acompañantes do turismo sinistrado quedaron feridos de gravidade, e precisaron atención dunha UVI móbil do Servizo de Emerxencias no lugar do accidente. Posteriormente foron trasladados a un centro hospitalario.

ÚLTIMAS

Seis persoas están observación no HULA tras intoxicarse con deterxente nunha pulpería durante o San Froilán

Seis persoas foron trasladadas ao Hospital Lucus Augusti (HULA) tras intoxicarse cun café contaminado...

Evacuada en helicóptero unha peregrina ferida tras caer da bici na LU-633, en Pedrafita

Unha peregrina necesitou ser evacuada en helicóptero este sábado ao resultar ferida tras sufrir...

A Deputación de Lugo  mellorou máis de 35 quilómetros da LU-P-1611 desde o 2020

As obras do cinto comarcal, a LU-P-1611, á altura do concello do Corgo, xa...

A UE admite a trámite a solicitude de Lugo Monumental para revisar a xestión de peonalización do centro histórico

A Unión Europea admitiu a trámite a solicitude presentada pola Asociación Lugo Monumental para revisar a...