InicioLugo e contornaMultados asistentes a unha voda que circulaban lento e facendo soar o...

Multados asistentes a unha voda que circulaban lento e facendo soar o claxon en Lugo

A Policía Local de Lugo iniciou expediente sancionador por unha presunta infracción de condución de forma neglixente en relación a un grupo de asistentes a unha voda que circulaban lento, facendo soar o claxon de forma continua e cunha persoa con medio corpo de fóra e cunha cámara de vídeo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo iniciou expediente sancionador por unha presunta infracción de condución de forma neglixente en relación a un grupo de asistentes a unha voda que circulaban lento, facendo soar o claxon de forma continua e cunha persoa con medio corpo de fóra e cunha cámara de vídeo.

Segundo informa, ás 15.30 horas do 31 de agosto, recibiron información sobre unha caravana de vehículos que circulaba pola avenida da Coruña cara ao exterior da cidade, retardando o tráfico rodado.

Facíano encabezado por un vehículo que circulaba a unha velocidade anormalmente reducida, cun individuo con medio corpo fóra do automóbil a través do oco do teito solar e situado case sobre o corpo do condutor, portando unha cámara de vídeo. Ían gran cantidade de turismos no que parecía ser o grupo de asistentes a unha voda.

Tras recibir información e queixas polas molestias que están a causar, tanto á circulación rodada como aos cidadáns en xeral, xa que os automóbiles facían soar o claxon de forma continua, realizando percorridos pola avenida da Coruña, Paulo Fabio Máximo e varias vías máis da cidade, os axentes inician investigacións para a identificación dos mesmos.

Finalmente, localizaron varios vídeos a través das redes nos que se observan as condutas descritas. A través das imaxes localizadas púidose conseguir a identificación do vehículo que encabezaba a caravana, iniciando un expediente sancionador por unha presunta infracción de conducir de forma neglixente.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...