InicioSucesosNova vandalización na estatua de Manuel Fraga en Vilalba

Nova vandalización na estatua de Manuel Fraga en Vilalba

PUBLICADA O

- Advertisement -

O busto do ex presidente popular da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne, situado no municipio lucense de Vilalba foi vandalizado, esta vez con adhesivos e algunha pintada.

Así o denunciou o PP de Vilalba, que condena “enerxéticamente” estes actos. Segundo informan nunha nota, este mércores apareceron sobre o busto localizado na alameda Basanta Olano, adhesivos con “consignas e símbolos independentistas”. Isto ocorre, ademais, en plenas festas patronais.

Os populares esperan que todas as formacións políticas de Vilalba condenen o ocorrido. “Os representantes políticos debemos defender o civismo“, afirmou. Os concelleiros populares pediron ao Goberno local bipartito que investigue os feitos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...