InicioSucesosUn detido pola agresión e roubo nunha panadaría de Lugo

Un detido pola agresión e roubo nunha panadaría de Lugo

O home foi detido a raíz do asalto de dous encapuchados, que bateron na traballadora da limpeza cando pechaba o negocio

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a un sospeitoso do roubo con violencia nunha panadaría de Lugo, no que participaran dous encapuchados. Os asaltantes aproveitaran o intre en que unha traballadora da limpeza pechaba o establecemento, ameazándoa e batendo nela, para roubar no local.

Os axentes localizaron e detiveron a este home de 30 anos na madrugada deste domingo, día 16. Os feitos sucederan pouco antes, contra a unha e media da mañá. Como recolle GaliciaConfidencial, un garda civil fóra de servizo advertiu o proceder sospeitoso de dous individuos, e inmediatamente despois, os berros da muller agredida.

Coa chegada dos efectivos policiais, a traballadora da limpeza relatou o asalto. Segundo a información difundida, a señora atopábase pechando o portal cando apareceron os dous encapuchados, que a ameazaron cun coitelo, nun intento por reducila e que non levantase a voz. Un dos agresores chegou a agarrala polo pescozo, lanzándoa acto seguido. Os dous sospeitosos levaron cartos da caixa rexistradora e colleron unha caixa de caudais.

Trala fuxida, o relato da vítima e o testemuño dun particular permitiron seguir a pista dun dos supostos atracadores. Así, a Policía Nacional localizou nun edificio ao agora detido, un home con antecedentes penais que pasou a disposición xudicial este martes.

ÚLTIMAS

TSXG declara nulo o ‘catastrazo’ de Sarria tras unha demanda colectiva

A Sección Cuarta do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou...

Detido un home por presuntas ameazas de morte contra a súa muller

A Policía Local de Lugo detivo por violencia de xénero a un home no...

A Deputación investirá máis de medio millón de euros en vías de Castroverde

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres novas investimentos por...