InicioLugo e contornaLugoIdentificado un home por manexo de drons sen autorización e sen licenza

Identificado un home por manexo de drons sen autorización e sen licenza

Ademáis, os axentes atenderon a tres mulleres que dicían sentirse "intimidadas" por un home nunha verbena

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home foi identificado en Lugo por manexo de drons sen autorización e sen licenza, segundo informa a Policía Local no seu parte de incidencias. Este sábado, día 31, ás 19.30 horas varios cidadáns informaron ao 092 sobre o voo dun dron, a pouca altura na zona de Tolda, próxima ao Río Miño, e sobre a presenza dun home, entre os paseos do Miño e do Intre, “co que parece ser o mando de control do citado dron”.

Os axentes contactaron con varias testemuñas e afectados polo voo do dron e localizaron ao individuo que manexaba o aparello, comprobando que tiña outro máis e que tamén facía uso dunhas lentes de realidade virtual. Os policías levantaron acta polo sucedido por observar varias infraccións, a cal será remitida á Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), que podería sancionalas en función da catalogación de cada unha delas. Noutra orde de cousas, a fin de semana deuse auxilio a varias persoas. Así, foi atendida unha muller sangrando polas bonecas e outra pola boca debido a unha “caída ocasional” e ambas as trasladadas a un centro sanitario; e un veciño necesitou axuda tras caer da cama e “ser incapaz de incorporarse”.

DESACORDO NUN ALUGUEIRO

A Policía tamén tivo que mediar nun desacordo por unha habitación. A propietaria quería desaloxar á inquilina, quen se negaba a abandonar a estancia. Todo iso debido a que “non se poñen de acordo na cantidade de diñeiro abonada” polo alugueiro da mesma. Finalmente, o asunto resolveuse sen interpoñer ningunha denuncia tras chegar “aparentemente a un acordo”.

Así mesmo, os axentes atenderon a tres mulleres que dicían sentirse “intimidadas” por un home nunha verbena, o cal foi identificado antes de ausentarse do lugar; a unha veciña por molestias por mor do volume da música procedente doutro inmoble; e tiveron que desprazarse a dous domicilios nos que a celebración de festas ocasionaban “molestias” aos veciños próximos. Os efectivos denunciaron, ademais, a un home por cometer faltas de respecto contra axentes que se atopaban corrixindo infraccións de tráfico.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...