InicioLugo e contornaSancionados 17 condutores en Lugo nunha semana por alcol e drogas

Sancionados 17 condutores en Lugo nunha semana por alcol e drogas

A Policía Local de Lugo abriu expediente sancionador a 12 condutores tras dar positivo na proba de alcoholemia e a outro cinco por drogas, segundo informa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo abriu expediente sancionador a 12 condutores tras dar positivo na proba de alcoholemia e a outro cinco por drogas, segundo informa. Foi no marco dunha campaña contra o consumo de alcol e outras sustancias levada a cabo entre os días 19 e 25 deste mes de agosto con controis “en numerosos puntos da cidade”.

Así mesmo, no transcurso destes controles oito condutores foron investigados por presuntos delitos contra a seguridade viaria, outro foi denunciado por facer uso dun permiso de conducir estranxeiro “non susceptible de cambio” e outro co carné caducado.

Ademais, procedeuse a identificacións no caso de dous vehículos coas lúas tintadas e sete sen ser sometidos á inspección técnica periódica no prazo regulamentario. Como resultado destes operativos, tamén foi denunciado un peón por obstaculizar o labor policial “increpando e faltando ao respecto aos axentes”.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...