InicioSociedadeO Concello de Monterroso denuncia "total improvisación" do Goberno sobre a chegada...

O Concello de Monterroso denuncia “total improvisación” do Goberno sobre a chegada de persoas migrantes

A pesar da información facilitada o pasado venres pola ONG, o Goberno local de Monterroso segue sen ter ningunha comunicación oficial por parte da administración do Estado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Monterroso denunciou a “total improvisación” e a “falta de planificación” do Goberno central respecto da chegada de persoas migrantes á localidade lucense. Así o fixo despois de que, tal e como trasladou nunha nota de prensa o consistorio local, o pasado venres unha ONG informase o Concello do desprazamento de 120 persoas procedentes de Mali ata Monterroso, previsiblemente o 29 de agosto.

Segundo explicou, a administración local xa recibiu informacións similares hai varias semanas a través dos medios de comunicación, momento no que se puxo en contacto coa Subdelegación do Goberno en Lugo, quen asegurou que “non estaban previstos estes desprazamentos e avisaríase pola contra”.

A pesar da información facilitada o pasado venres pola ONG, o Goberno local de Monterroso segue sen ter ningunha comunicación oficial por parte da administración do Estado que confirme a chegada destas persoas”, sinalou o Concello.

Por outra banda, aínda que lembra que a localidade conta cunha poboación de “diversas nacionalidades perfectamente integrada e adaptada”, denuncia a “imposición” desta nova realidade “sen ningún tipo de información oficial” e sen un estudo de integración ou do impacto da súa chegada nos “servizos sociais, sanitarios e na cidadanía”.

Así mesmo, o alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, lamentou a “total falta de información oficial” por parte do Goberno e cualificou de indignante que “queiran impor” esta situación que “leva días xerando alarma social” ante o número “desproporcionado” de persoas, “preto dun 10% dos habitantes do núcleo urbano”.

Deste xeito, o Goberno local pediu ao Executivo que “facilite aos concellos información oficial sobre esta situación” e que tamén “aclare” cales son os criterios a seguir, xa que en localidades “moito máis grandes”, como Monforte de Lemos, “chegou un número moito menor de migrantes”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...