InicioLugo e contornaLugoO pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

A proposición do BNG de solicitar a paralización do proxecto da planta de biometano de Coeses sae adiante por unanimidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de PSOE e BNG e a abstención do PP, unha proposición formulada polos nacionalistas para demandar á Xunta de Galicia a dotación dos recursos e do persoal necesarios para “garantir o dereito fundamental” das mulleres lucenses a abortar en hospitais públicos da provincia.

“Os abortos instrumentais para a interrupción voluntaria do embarazo a partir do oito semanas non se están practicando en Lugo e estase derivando a clínicas privadas que están situadas, nalgúns casos, a 200 quilómetros de distancia”, denunciou durante o seu defensa da proposición a concelleira do BNG, Maite Ferreiro, que responsabilizou directamente á Xunta de “vulnerar os dereitos fundamentais das mulleres” ao obrigalas a desprazarse a cidades como “Vigo ou A Coruña”.

Nunha liña moi similar, a edila socialista Olga López Racamonde, que trasladou ao BNG o seu apoio en relación á iniciativa, destacou que os abortos instrumentais deberían realizarse “dentro da área sanitaria” competente para garantir así a “rapidez e a eficacia” das intervencións.

Aurora Goás (PP), pola súa banda, puntualizou durante a súa intervención que “só houbo un caso en que unha muller lucense tivo que ser derivada a Vigo” e indicou que a lei relativa ao aborto “non se refire en ningún momento” a que as interrupcións voluntarias do embarazo teñan que levar a cabo dentro da área sanitaria.

Poucos minutos despois da aprobación no pleno municipal da iniciativa, o xerente da área sanitaria de Lugo, Ramón Ares, referiuse a a situación desde as instalacións do HULA asegurando que a prestación “se está dando con todas as garantías” e que a muller que tivo que ser traslada a Vigo fíxoo “durante o proceso administrativo de regularización do convenio” coa clínica da Coruña coa que está concertado o servizo.

“Hai unha prestación que sempre estivo concertada cunha clínica da Coruña e seguimos garantindo esa prestación. Para os supostos maioritarios, que son o grupo de utilización de fármacos, o procedemento está a facerse en Lugo e indicado polos profesionais de Lugo”, explicou Ramón Ares, antes de defender o dereito de xinecólogos e obstetras do servizo público a declararse objetores: “Os profesionais teñen dereito a ser objetores. Ti non podes dicirlle a un profesional se ten dereito a esa obxección ou non”, subliñou.

O xerente da área sanitaria de Lugo reiterou que a prestación e o dereito ao aborto de todas as mulleres lucenses está “garantido”. “No HULA temos a capacidade loxística pero todo depende de que teñamos a capacidade de non ter obstetras objetores. A garantía asistencial do proceso está a cumprirse en todos os casos”. O conselleiro de Sanidade, Gómez Caamaño non se pronunciou respecto disto, na súa visita ao HULA.

Nun pleno ordinario en que o PP solicitou, no apartado de rogos e preguntas, ao Goberno local a súa adhesión ao sistema VioGén, a proposición exposta polo BNG de demandar á Xunta a paralización do proxecto da planta de biometano de Coeses pola súa “afección para os veciños e veciñas” foi aprobada de forma unánime.

ABORTOS NO HULA

A visita do conselleiro de Sanidade ao Hospital Universitario Lucus Augusti tivo lugar tan só algúns minutos despois de que o pleno do Concello de Lugo aprobase unha proposición do BNG para esixir á Xunta de Galicia a dotación de recursos e de persoal suficientes para “garantir o dereito ao aborto” das mulleres lucenses en hospitais públicos da provincia. Algo que, segundo os nacionalistas, non sucede no caso dos abortos instrumentais, que son derivados a clínicas situadas fóra de Lugo.

ÚLTIMAS

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...

Catro detidos na desarticulación dunha rede de venda de drogas na provincia de Lugo

A Garda Civil desarticulou unha organización dedicada á distribución de estupefacientes na provincia de...