InicioSucesosRexistran máis de 400 raios na metade sur da provincia de Lugo

Rexistran máis de 400 raios na metade sur da provincia de Lugo

Pola súa banda, as provincias de Lugo e Ourense estarán en aviso amarelo por treboadas, con posibilidade de sarabia, este mércores, 26 de xuño

PUBLICADA O

- Advertisement -

A metade sur da provincia de Lugo rexistrou máis de 400 raios nunha tarde de treboadas –en comarcas como Terra de Lemos, Chantada ou A Ulloa– segundo a información de Meteogalicia. E é que o anticiclón se retirou cara aos Azores e permitiu a entrada de baixas presións en Galicia.

Pola súa banda, as provincias de Lugo e Ourense estarán en aviso amarelo por treboadas, con posibilidade de sarabia, este mércores, 26 de xuño.

En concreto, esta alerta estará activa entre as 15,00 horas do mércores e a medianoite. O aviso afecta as montañas de Lugo e Ourense, a zona do Miño, o sur da provincia lucense e a comarca ourensá de Valdeorras.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...