InicioLugo e contornaLugoDetidas dúas mulleres, unha parella de 28 anos, por delito de violencia...

Detidas dúas mulleres, unha parella de 28 anos, por delito de violencia doméstica

Tras denunciar unha agresión mutua

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local detiveron en Lugo a dúas mulleres, unha parella de 28 anos, por un delito de violencia doméstica tras denunciar unha agresión mutua.

Os policías, informa o parte de incidencias das últimas horas, trasladáronse a un edificio da zona norte da cidade por unha pelexa na que unha das partes non permitía saír á outra da vivenda, reténdoa á forza.

Á súa chegada, unha moza de 28 anos explicou que fora agredida pola súa parella, da mesma idade. Tamén indicou que tiña mensaxes ameazantes no seu móbil e que foi agredida noutras ocasións.

A outra muller manifestoulles que eran parella de feito e que tiveran unha discusión, chegando “ambas as ás mans”. Os axentes observaron que tiña unha marca de dentes nun brazo e un arañazo na cara. Ademais, recoñeceu que era certo que agarrou á súa parella polo pescozo para poder defenderse. Ambas foron detidas por un presunto delito de violencia doméstica.

Noutra orde de cousas, a Policía realizou controis nas últimas horas a 1.128 coches, con 47 denuncias por exceso de velocidade.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...