InicioLugo e contornaLugoA Policía Local de Lugo detén a un home acusado de agredir...

A Policía Local de Lugo detén a un home acusado de agredir e reter á súa parella

A Policía Local de Lugo detivo este fin de semana a un home acusado dun delito de violencia de xénero por, supostamente, agredir e reter á súa parella.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo detivo este fin de semana a un home acusado dun delito de violencia de xénero por, supostamente, agredir e reter á súa parella.

Segundo informaron, os feitos sucederon na tarde do sábado, cando unha patrulla foi alertada para que se trasladase ao Parque da Milagrosa, xa que un home tiña retida a unha muller e non a deixaba irse ao seu domicilio.

Os axentes presentáronse de inmediato e falaron coa muller, que lles trasladou que o seu actual parella, coa que convive, agredíralle en múltiples ocasións. O home xa non se atopaba na zona, pero a muller facilitou unha descrición.

Os axentes realizaron unha batida pola zona e localizaron ao home, de 44 anos e veciño de Lugo, en estado de embriaguez. Procederon á súa detención e ao seu traslado a dependencias policiais. A vítima foi trasladada a un centro médico.

+ posts

ÚLTIMAS

A residencia das Gándaras, en Lugo, supera os 9 millóns de investimento: máis habitacións individuais e melloras na seguridade

O Goberno galego deu luz verde este luns ao expediente de gasto da modificación...

Dous anos de prisión e multa de 2.195 euros por tentar introducir cocaína e haxix no cárcere de Bonxe

Unha moza acusada de tratar de introducir cocaína e haxix no centro penitenciario de...

Detidas dúas persoas en Lugo por cometer furtos en establecementos comerciais

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home e a unha muller...

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...