InicioSucesosDetido en Lugo acusado de violencia machista

Detido en Lugo acusado de violencia machista

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo detivo o pasado 25 de maio a un home de 49 anos por un presunto delito de violencia de xénero acusado de agredir á súa parella. Segundo informou a Policía nunha nota de prensa, unha patrulla do grupo operativo nocturna foi comisionada pola Sala do 092 para acudir á rúa San Roque, xa que ao parecer un home estaba a ser agredido por unha muller.

Ao chegar ao lugar, os axentes localizaron a unha parella con signos de atoparse embriagados. Así, procederon a falar con ambos por separado. O home manifestou que a súa parella se puxo ciumenta ao velo falar con outra muller, o que deu lugar a unha discusión. Pola contra, a muller sinalou que o que se puxo ciumento fora el e que no transcurso dunha discusión a golpeara, presentando hematomas na axila e no brazo.

Por este motivo, a Policía Local procedeu á detención do home por un presunto delito de violencia de xénero. O detido foi trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o xulgado competente.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...