InicioLugo e contornaArrincan as rutas gratuítas polo románico da provincia cunha "alta participación"

Arrincan as rutas gratuítas polo románico da provincia cunha “alta participación”

Xa que se cubriron todas as prazas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As rutas gratuítas que organiza a Deputación de Lugo polo románico da provincia comezaron este sábado cunha “alta participación”, xa que se cubriron todas as prazas.

Segundo informou o goberno provincial, na ruta da mañá deste sábado, ‘O románico nas Terras da Ulloa: Antas de Ulla’, os participantes coñeceron as igrexas de San Xoán, Amoexa e Santa Mariña de Amarante da man dunha guía oficial.

No percorrido da tarde, ‘O románico nas Terras da Ulloa: Palas de Rei e Monterroso’, visitaron o Mosteiro de San Salvador de Vilar de Doas, unha das xoias do románico lucense, e veciñas igrexas de San Cristovo de Novelúa e San Miguel de Esporiz, mostra da proliferación de templos de estilo románico favorecida polo paso do Camiño de Santiago.

Outro grupo visitou pola tarde ‘O románico no Xeoparque das Montañas do Courel’, unha ruta que empezou en San Salvador de Hospital, en Quiroga. Tamén coñeceron a Abadía de San Clodio e a igrexa de Santa María de Torbeo, integrada na ruta Transrománica europea.

Este domingo as visitas serán pola mañá á basílica de San Martiño de Mondoñedo e para coñecer o románico de Chantada, con parada no mosteiro de San Salvador de Asma, ou Santa María de Nogueira.

Pola tarde haberá rutas por Taboada e Viveiro, con paradas na igrexa de San Pedro de Bembibre e Santa María de Piñeira na primeira, e á igrexa de Santa María do Campo ou en Porta da Vila na segunda.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...