InicioSucesosVisto para sentenza o xuízo polo asasinato de Tatiana Vázquez

Visto para sentenza o xuízo polo asasinato de Tatiana Vázquez

O xuízo polo asasinato de Tatiana Vázquez quedou visto para sentenza este xoves en Lugo – O avogado de Ibrahima di que «non hai unha soa proba que o incrimine» e pide que o caso se basee «en probas, non en posibilidades»

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xuízo polo asasinato de Tatiana Vázquez quedou visto para sentenza este xoves, tal e como o sinalou a presidenta do tribunal, María Luisa Sandar. O xurado está composto por sete mulleres e catro homes, dous dos cales actúan coma suplentes.

Nas conclusións elevadas a definitivas, todas as partes mantiveron o que xa expuxeran nas provisionais. Así, Fiscalía mantén a súa petición de 25 anos de prisión polo asasinato da moza de Castro de Rei, ao que hai que sumar outros dous anos e medio máis por malos tratos. A acusación particular, trala que están os pais da vítima, manteñen 25 anos e elevan a tres anos a pena por malos tratos. A defensa insistiu en proclamar a inocencia do seu patrocinado.

Ao acusado, Ibrahima N., permitíuselle a última palabra, antes de deixar visto para sentenza o xuízo. Así, usou esta quenda para reiterar que sente «indignado coa policía, coa forma de facer as cousas» e afirmou «non matei a ninguén». É a mesma actitude que mantivo, ao concluír a vista, e cando era conducido ao furgón da Garda Civil que o volveu a trasladar á prisión de Bonxe. Non volverá aos xulgados ata que haxa veredicto.

NEGA A ACUSACIÓN

A preguntas dos xornalistas, sobre como vira o xuízo, Ibrahima dixo que «ben, ben», e «máis ou menos satisfeito». Interpelado sobre o que non lle gustou, incidiu na policía: «Tentan cambiar as cousas, dicir as cousas dun xeito en que non foi, cousas que non lles contei».

O único acusado neste xuízo insistiu en que el «non ía matar a unha muller» á súa saída dos xulgados en que recibiu o apoio dunha persona. Mentres, o seu avogado, César Lodos, volveu insistir en que «non hai unha soa proba que o incrimine». «Por moi grande que sexa o calzador, ti non podes meter un pé do 44 nun 35», esgrimiu.

«Non podes asegurar que no percorrido posible (desde a pensión en San Roque no coche da vítima ata San Fiz) non puidese aparecer unha terceira persona, que subise ao vehículo. Non podes dar por feito cousas que teñen que ser probadas», argumentou.

FAMILIA ‘ESNAQUIZADA’

Lodos recoñeceu que «hai unha familia que está esnaquizada, que teñen que saber a verdade». «E témonos que basear en probas, non en posibilidades», apuntou.

Tamén Lodos, cando se lle pregunta polas «contradicións» do xove senegalés nos distintos interrogatorios, apelou a que «é algo cultural que teñen eles, desconfiar de quen che está preguntando».

ÚLTIMAS

O Goberno inviste 25 millóns de euros para obras na A-6

O Consello de Ministros autorizou este martes a licitación por 25,17 millóns de euros...

Detido en Friol por entrar pola forza na casa dun coñecido, romper mobles e aveños e ameazalo de morte

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Friol a un home de 28 anos que...

Denunciada por falsificar un cartón de discapacitado para poder aparcar

A Policía Local de Lugo identificou e denunciou a unha condutora que facía uso...

Volve este luns ‘Lugo Termal’: descontos en balnearios lucenses para maiores de 50

A Deputación de Lugoabrirá este luns o prazo para solicitar as 1.750 prazas do programa...