Home Lugo e contorna Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

0
Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde deste xoves tras queimar 65 hectáreas, 50 delas de monte raso e 15 de terreo arboledo.

Diso informou a Consellería do Medio Rural a través dun comunicado no que informa que as chamas foron sufocadas ás 15,35 horas.

En total, arderon 65 hectáreas desde a súa declaración na parroquia de Pacios ás 22,30 horas do mércores. Na zona traballaron un técnico, tres axentes, 13 brigadas, oito motobombas e un tractor.

+ posts