InicioMedioambiente e PatrimonioInvestigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores dun delito de malos tratos animais por abandono dun can.

Todo iso tras atopar a un cánido nos terreos do aeródromo de Rozas-Castro de Rei, a pesar de que fora dado de baixa por falecemento. No operativo tamén se investiga a morte doutros catro cans, propiedade dun dos investigados, que foron declarados como falecidos por morte natural a pesar de ter idades comprendidas entre un ano e medio e catro anos. Todos supostamente perderan a vida no período dun mes.

Por iso, tamén se lle imputa un delito de falsidade documental nos trámites de baixa dos cánidos.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...