InicioEconomíaA Plataforma Ulloa Viva constata en Bruxelas que España non solicitou fondos...

A Plataforma Ulloa Viva constata en Bruxelas que España non solicitou fondos europeos para a fábrica de Altri

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, convidou a unha delegación para alertar en Bruxelas dos riscos da fábrica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma Ulloa Viva concluíu a súa visita a Bruxelas para alertar dos impactos do proxecto da fábrica de Altri en Palas de Rei. Asegura que alí constatou que “non hai solicitude oficial” por parte de España de fondos para esta iniciativa que quere captar a compañía do Perte de descarbonización.

Nun comunicado, explica que se reuniron coa directora do Grupo Operativo do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Comisión Europea, María Teresa Fábregas, quen lles informou de que non existe esta solicitude formal e, cando chegue a Bruxelas, “deberá cumprir con todos os principios e esixencias de transparencia, ambientais e de conflito de intereses que tería que ter un proxecto destas características”. A isto únese que Fábregas apuntou que, “como máis tardar tería que estar executado en agosto de 2026”, polo que “non habería tempo”.

A Plataforma Ulloa Viva formou parte dunha delegación convidada pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda, a Bruxelas. Alí, alertaron dos riscos da fábrica para o consumo de auga, impactos socioeconómicos na zona, biodiversidade e contaminación. Tamén mantiveron un encontro co eurodeputado socialista Nicolás González Casares, quen avoga porque o Parlamento Europeo estude a implantación de Altri en Pas.

ALEGACIÓNS DE ANTAS DE ULLA

Pola súa banda, o Concello de Antas de Ulla informa de que presentou alegacións ante a Consellería de Economía e Industria por este proxecto. A alcaldesa socialista, Pilar García Porto, mostrou a súa “preocupación polos potenciais impactos” no municipio debido a “as posibles emisións de gases e partículas á atmosfera”. “As alegacións baséanse nos potenciais efectos de emisións na contorna e os seus efectos sobre a saúde humana, os ecosistemas e as producións agrícolas e gandeiras”, indica a rexedora nun comunicado.

Paralelamente, as organizacións Galiza Nova e Erguer Estudantes anunciaron a recollida de máis de 5.000 alegacións contra “a macrocelulosa” de Altri, dez das cales entregaron de forma simbólica este martes no Concello de Palas). Mentres, o Sindicato Labrego solicitou a inclusión da “macrocelulosa Altri-Greenalia” na orde do día do próximo Consello Forestal.

ÚLTIMAS

Un informe de Adega revela os datos reais de emisións e verteduras que Altri pretende ocultar

Un informe de Adega sinala que Altri oculta emisións no seu estudo de impacto ambiental e...

A Deputación presenta un plan invernal para estradas con 420 toneladas de sal e 112 traballadores

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este mércores en Pedrafita...

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...