InicioLugo e contornaInvestigada unha parella por delitos de violencia de xénero e doméstica

Investigada unha parella por delitos de violencia de xénero e doméstica

Tras discutir e agredirse mutuamente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha parella está a ser investigada en Lugo por delitos de violencia de xénero e violencia doméstica tras discutir e agredirse mutuamente.

Segundo apunta a Policía Local nun comunicado, a madrugada do 8 de abril unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un edificio da zona norte da cidade, xa que ao parecer un home fora agredido pola súa parella, que o ameazou cun coitelo.

Á chegada dos axentes, esta persoa explica que a súa muller chegou a casa en estado ebrio e foi cando empezou a discusión, momento no que o ameazou cun coitelo e agrediulle coas mans na cara.

Os policías tamén se entrevista coa muller, que manifesta que efectivamente mantivo unha discusión coa súa parella e recoñece unha agresión mutua. Apunta ademais que os seus dous fillos menores de idade atópanse no domicilio.

Vistas ambas as manifestacións, os axentes proceden á detención do home por un suposto delito de violencia de xénero. A muller é denunciada tamén por un suposto delito de violencia doméstica e queda no domicilio ao coidado dos seus dous fillos.

O home foi trasladado a un centro médico para o seu recoñecemento e posteriormente a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o xulgado competente.

+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...