InicioEconomíaO plan de proxectos dos concellos da Deputación de Lugo está dotado...

O plan de proxectos dos concellos da Deputación de Lugo está dotado con 21,7 millóns

"O goberno provincial reforza o seu compromiso de cooperar cos concellos para que poidan manter e mellorar a prestación de servizos á cidadanía", incidiu José Tomé

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo levará ao próximo pleno ordinario, que terá o lugar o martes 26 de marzo, a aprobación do plan de proxectos propostos polos 67 municipios da provincia, que este ano contempla unha partida orzamentaria de 21,7 millóns.

Así o avanzou este xoves o presidente provincial, José Tomé, que detallou que case o 70% dos fondos (en total, 17 millóns) destínanse a obras e subministracións a petición dos concellos lugueses para levar a cabo 331 actuacións.

Outros 3,7 millóns irán parar a accións para a creación de 301 postos de traballo, mentres que os concellos repartiranse 3 millóns de euros para sufragar a prestación do servizo de axuda no fogar a 2.000 usuarios.

“O goberno provincial reforza o seu compromiso de cooperar cos concellos para que poidan manter e mellorar a prestación de servizos á cidadanía”, incidiu José Tomé.

Ademais de obras, axuda no fogar e promoción do emprego, este plan tamén financiará actividades culturais propostas polos municipios, como a organización de concertos, viaxes, actuacións, edición de libros, escolas de música ou celebracións por datas como os magostos, o entroido ou Nadal.

En materia de turismo, os concellos incluíron un apartado de case 200.000 euros para accións de promoción dos seus territorios en feiras turísticas, mentres que, ao mesmo tempo, resérvanse 216.000 euros para a liña de administración electrónica e protección de datos.

Así mesmo, a Deputación colaborará con eventos como a Feira do Butelo da Fonsagrada, o Mercado Medieval de Monforte de Lemos, a Feira de Santos de Monterroso, a Feira do Mel da Montaña en Muras ou a Festa da Androlla de Navia de Suarna, entre outros.

RESPOSTA AO PP

Doutra banda, a portavoz do goberno provincial, Pilar García Porto, replicou ao PP, que este mesmo xoves coñeceu unha resolución do Valedor do Pobo sobre a denuncia feita polos populares sobre o acceso ás instalacións da deputación dos grupos da oposición.

Nun audio difundido pola deputación, García Porto sostén que o Alto Comisionado do Parlamento galego realiza unha “recomendación” e “non unha orde” sobre a accesibilidade das instalacións a través dunha petición previa, “como fan o resto de cidadáns”.

“O Partido Popular quere privilexios por ser o Partido Popular. Neste caso non os vai a ter”, sentenciou a portavoz provincial, que defende que a deputación segue “o mesmo protocolo” que a Xunta aplica cando un parlamentario solicita acceder a unhas instalacións autonómicas.

ÚLTIMAS

Miguel Fernández aposta pola continuidade “con pequenos axustes” en urbanismo

O alcalde de Lugo, o socialista Miguel Fernández, asinou o novo decreto de organización do...

Norvento recibe 27,5 millóns de fondos europeos para a planta de cero emisións que construirá en Lugo

Norvento informou este martes de que resultou seleccionada para obter unha axuda do Fondo Europeo...

Interceptado en Lugo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida e 17 máis que deron positivo

A Policía Local de Lugo interceptou este fin de semana a un condutor que cuadriplicaba a taxa...

Tres persoas enfróntanse a cinco anos de cárcere por tentar secuestrar a unha menor en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo xulga este martes a tres persoas que se enfrontan a...