InicioLugo e contornaLugoRueda destaca 'O Gran Camiño' como escaparate turístico para consolidar Galicia como...

Rueda destaca ‘O Gran Camiño’ como escaparate turístico para consolidar Galicia como “referente do ciclismo mundial”

A proba, que se retransmite a 170 países, percorrerá as catro provincias galegas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, reivindicou este venres a contribución da proba ‘O Gran Camiño’ como escaparate turístico de Galicia e á hora de “consolidar a comunidade como referente do ciclismo mundial”.

Rueda, que seguiu esta tarde parte do percorrido da etapa lucense, lembrou que máis de 120 corredores de todo o mundo se dan cita estes días nunha competición que se retransmite a 170 países e que consegue “millóns de reaccións nas redes sociais”.

Por iso, defendeu que ‘O Gran Camiño’ transcende o ámbito deportivo para converterse nunha “oportunidade única” para mostrar ao mundo o patrimonio, as paisaxes ou a natureza de Galicia e atraer a máis visitantes cara a comunidade.

‘O Gran Camiño’ é unha proba ciclista que percorrerá ata o vindeiro domingo as catro provincias, pasando por lugares emblemáticos como a Torre de Hércules da Coruña, A Ribeira Sacra, o interior de Ourense ou o Monte Aloia.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Sirat’ gaña o Mestre Mateo a Mellor Película

'Sirat' alzouse co premio a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo e arrebatoullo...

Gala dos Mestre Mateo: a forza do talento galego reúnese en Lugo

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este sábado á gala dos...

A Deputación participa na xornada de conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o Deputado de Participación...

Localizado en Bóveda o ancián desaparecido da residencia DomusVi de Monforte

O octoxenario que faltaba da residencia DomusVi de Monforte desde a noite do pasado...