InicioLugo e contornaO BNG presenta ao seu catro deputados electos pola provincia de Lugo

O BNG presenta ao seu catro deputados electos pola provincia de Lugo

Advertiron de que os comicios puxeron de manifesto que "o BNG non ten teito".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os catro deputados electos do BNG pola provincia de Lugo nas eleccións autonómicas do pasado domingo realizaron este mércores unha valoración do “resultado histórico” obtido nas urnas polo partido e advertiron de que os comicios puxeron de manifesto que “o BNG non ten teito” e que representa a “alternativa real ao PP” en Galicia.

Nun xantar informativo celebrado no hotel ‘EsteOeste’ da capital lucense, os parlamentarios Olalla Rodil, Daniel Castro, Iago Suárez e Montse Valcárcel analizaron os “números extraordinarios” obtidos, ao seu xuízo, nas eleccións galegas e logrados, precisaron, a pesar da “campaña do medo, a mentira e o insulto” desenvolvida desde o PP.

O domingo alcanzamos un resultado histórico. En Galicia temos case medio millón de votos, 155.000 votos máis que fai catro anos, e 25 escanos que reforzan a nosa posición como líderes da oposición”, sinalou, de maneira introductoria, Olalla Rodil, a cabeza de lista do BNG pola provincia de Lugo nas pasadas eleccións autonómicas.

Unhas eleccións, subliñou Rodil, nas que o BNG logrou mellorar tamén os seus resultados na provincia de Lugo e na capital –con 11.480 e 3.600 votos máis, respectivamente, que fai catro anos– e “sumar un novo escano” á representación do partido no Parlamento galego arrebatándollo de paso, indicou, a un PP que “perdeu un 1,5% do voto”.

“Nós puxemos no centro das nosas propostas os servizos públicos, a sanidade, o dereito a unha vellez tranquila e a vivenda. En política non todo vale e quedou demostrado que fronte á campaña do medo do PP había un enorme amor por Galicia”, agregou Olalla Rodil.

TRANSVASE PSOE-BNG E VOTO PRESTADO

Tamén se referiu este mércores o número uno do BNG por Lugo nos comicios do pasado domingo ao transvasamento de votos evidenciado nas urnas entre PSdeG e a formación nacionalista. Un movemento que desde o Partido Socialista foi cualificado como “voto prestado” pero que en opinión de Olalla Rodil non demostra máis que a capacidade do BNG de “ensanchar” a súa “base electoral” e chegar a novos votantes.

“Primeiro dixéronnos que non superariamos os 19 escanos e agora dinnos que tivemos voto prestado. O que caeron outras forzas políticas suma menos que os case 156.000 votos que conseguiu o BNG a maiores. Iso demostra que conseguimos chegar a moita xente que ningunha forza política conseguira chegar nas anteriores eleccións”, manifestou.

“Xa nada vai ser igual despois destas eleccións porque o cambio é imparable”, asegurou acto seguido Rodil, que lamentou, con todo, a “frustración” e o “descontento” imperante en boa parte do electorado nacionalista por non poder lograr o “obxectivo último”: “O cambio de Goberno”.

Os deputados do BNG pola provincia de Lugo aproveitaron tamén o xantar informativo para “tender a man” ao resto de formacións políticas do Parlamento e para enviar unha mensaxe ao PP, de quen esperan, dixeron, “unha maioría diferente” no hemiciclo á dos últimos anos. “Confío en que o PP sexa capaz de saber gañar tamén e recoñecer que non todos pensan como eles neste país. Confío en que o PP que pasou o rodete sempre, escoitou moi pouco e desprezou moito o que diciamos, faga un esforzo agora polo entendemento”, concluíu Rodil.

Os catro parlamentarios electos do BNG finalizaron a súa intervención explicando que a folla de ruta do partido de face ao próximos catro anos pasa por “baixar ao terreo e estar moi pegados ao territorio” para garantir así, precisaron, “máis xustiza social, equidade territorial e igualdade”.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...