InicioLugo e contornaLugoA Garda Civil investiga en Lugo a usurpación de identidades eclesiásticas para...

A Garda Civil investiga en Lugo a usurpación de identidades eclesiásticas para estafar a monxas de clausura

Foron estafadas varias congregacións de relixiosas na provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil puxo en marcha unha investigación tras ter coñecemento da existencia en Lugo duns supostos estafadores que estiveron usurpando identidades eclesiásticas de alto rango para perpetrar fraudes telefónicas con congregaciones relixiosas como vítimas.

Segundo informaron fontes da Comandancia, o ‘modus operandi’ dos estafadores consistía en facerse pasar por líderes eclesiásticos prominentes e contactar telefonicamente con membros de varias comunidades relixiosas, chegando a utilizar técnicas de Intelixencia Artificial para simular as identidades.

Neste tipo de estafas, explicou a Garda Civil, “a enxeñaría social xoga un papel crucial” porque, no proceso de engano, os delincuentes explotan a confianza e a boa fe dos membros das comunidades relixiosas. Deste xeito, logran obter información confidencial, solicitan doazóns fraudulentas e mesmo extorsionan fondos baixo falsos pretextos de actuacións de caridade, emerxencia relixiosa ou, simplemente, reclamando a devolución de ingresos erróneos que non existen.

Así, finxindo a urxencia da necesidade, os estafadores impoñen a prema para lograr as transferencias ou restitución de diñeiro, coa escusa de de previr supostos inconvenientes maiores. Ao facerse pasar por altos cargos da Igrexa, achegan ao engano un alto nivel de credibilidade e confianza, e poden enganar facilmente aos membros das congregacións, facéndoos máis susceptibles de caer na trampa.

PROBLEMAS DE GORXA

Cando as vítimas coñecen ao interlocutor e detectan que a voz non se corresponde coa súa, os estafadores argumentaban ter problemas de gorza, buscando a empatía do outro. Ademais, a Garda Civil investiga o suposto uso de Intelixencia Artificial, para simular a voz destas autoridades eclesiásticas.

Moitos dos obxectivos dos delincuentes son conventos de monxas de clausura, que viven en illamento voluntario e dependen en gran medida da xenerosidade de doantes externos. Trátase de conunidades máis vulnerables, polo que a Garda Civil fixo un chamamento a estas congregaciones para que estean alerta e verifiquen a autenticidade de calquera chamada ou solicitude de doazón.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...