InicioLugo e contornaLugoDetido un mozo en Lugo que propinou unha patada na cara a...

Detido un mozo en Lugo que propinou unha patada na cara a un axente tras negarse a ser identificado

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local detivo este domingo a un mozo que propinou unha patada na cara a un axente tras negarse a ser indentificado despois de que o observasen gritando na rúa e insultando aos policías.

Segundo informou o corpo policial, os feitos producíronse na zona do Parque Rosalía de Castro. Ao tratar de identificalo, o home foi correndo polo Carril dos Loureiros en dirección á Catedral, onde foi interceptado polos policías na rúa Deán Fernández Varela.

Alí, negouse a identificarse, polo que foi informado de que en caso de persistir na súa negativa sería trasladado a dependencias policiais para a súa identificación. Nese momento, tal e como explica a Policía, lanzou patadas cara aos axentes, chegando a impactar unha delas na cara dun deles.

Tras isto, o home foi inmobilizado e detido por un delito de atentado a axentes da autoridade, sendo trasladado a depende

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...