InicioLugo e contornaLugoO Caudal Fest iniciará a venda de entradas o vindeiro xoves

O Caudal Fest iniciará a venda de entradas o vindeiro xoves

Celebrarase en Lugo o 20 e 21 de setembro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Caudal Fest, que se celebrará en Lugo o 20 e 21 de setembro, presentou o seu cartel por días e iniciará a venda de entradas de día o vindeiro xoves ás 12,00 horas. Así o anunciou este xoves a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, que, ademais, detallou que os novos artistas que se suman á cita son Parkineos, Ana Lua Caiano, Querido e Dani Dicostas.

Desa forma, o venres 20 de setembro os protagonistas serán Amaral, Viva Suecia, Carlos Sadness, Varry Brava, Huecco, Karavana, Xina Moura e Ramón Mirabet. Ademais, o festival engadiu a nivel artístico á portuguesa Ana Lua Caiano e ao galego Querido.

O sábado 21 subiranse ao escenario artistas como Mikel Izal, Arde Bogotá, Xenebras, Nil Moliner, Ladilla Rusa, A túa Outra Bonita, Siloé e Monoulious DOP. A eles súmanse Parkineos e Dani Dicostas.

Alvarellos lembrou que desde que no Concello apostaron por inciar esta cita musical en 2018, o Caudal “non deixou de crecer”, tanto en volume de asistentes, infraestruturas, como na calidade do seu cartel.

Ao longo das próximas semanas desvelarán novidades desta edición que buscará “ser a máis exitosa” da historial do festival ata o momento e as entradas de día sairán á venda, na páxina web do festival, o vindeiro xoves ás 12,00 horas. “En 2023, o evento reuniu a 37.567 persoas en Lugo, supondo un retorno económico de 7,3 millóns de euros para o municipio e xerando máis de 350 emprego directos e 2.000 indirectos”, subliñou a alcaldesa.

ÚLTIMAS

Saída de vía en Pantón deixa catro persoas feridas

Un total de catro persoas resultaron feridas tras saírse da vía co seu vehículo...

O Arde Lucus celebrará o seu 25 aniversario do 18 ao 21 de xuño de 2026 cunha volta aos seus inicios

O Arde Lucus de Lugo celebrará o seu 25 aniversario do 18 ao 21 de xuño de...

Tanxugueiras, Xoel López, Lia Kali ou Guadi Galego, primeiros confirmados do cartel das festas do San Froilán

Tanxugueiras, Xoel López, Lia Kali, El Consorcio e, entre outros, Guadi Galego, únense ao...

Detido un septuaxenario en Vilalba por cravar puntas nas rodas de 19 camións dunha empresa de transporte

A Garda Civil de Lugo detivo a un septuaxenario como presunto autor dun delito continuado de danos por...