InicioSociedadeUn novo radar entrará en servizo o 3 de decembro no corredor...

Un novo radar entrará en servizo o 3 de decembro no corredor Nadela-Monforte

Será o terceiro radar instalado pola Dirección Xeral de Tráfico na CG-2.2 no treito de corredor que vai de Nadela a Sarria

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) vai poñer en servizo na vía CG-2.2, o corredor Nadela–Monforte de Lemos, un novo equipo radar para o control de velocidade.  O dispositivo localizarase no punto kilométrico 35,500, en Vila de Mouros, á altura de Magnesitas de Rubián.

Coa instalación deste sistema, que operará nos dous sentidos da circulación, Tráfico informa de que se persegue a reducción do número de accidentes neste corredor, a través do control do cumprimento dos límites de velocidade.

O límite de velocidade nesta vía é de 100 km/h nos dous sentidos da vía. A existencia do radar advírtese previamente na estrada a través dun sinal informativo vertical, que xa é visible. Con este serán tres os radares fixos do corredor Nadela-Monforte. Os outros dous sitúanse nos puntos quilométricos 2,150 e 26,800.

Lémbrase desde a DXT  que na web www.dgt.es pódese acceder a toda a información sobre os equipos de control de velocidade instalados.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Sirat’ gaña o Mestre Mateo a Mellor Película

'Sirat' alzouse co premio a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo e arrebatoullo...

Gala dos Mestre Mateo: a forza do talento galego reúnese en Lugo

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este sábado á gala dos...

A Deputación participa na xornada de conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o Deputado de Participación...

Localizado en Bóveda o ancián desaparecido da residencia DomusVi de Monforte

O octoxenario que faltaba da residencia DomusVi de Monforte desde a noite do pasado...