InicioLugo e contorna18F.- Besteiro apela en Lugo á "ambición" do PSdeG fronte á "inacción"...

18F.- Besteiro apela en Lugo á “ambición” do PSdeG fronte á “inacción” do PP

Mantivo un encontro con empresarios lucenses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, apelou este martes en Lugo á “ambición de país” do seu partido fronte á “inacción”, a “falta de interese” e a “resignación” evidenciada, ao seu xuízo, por un PP “absolutamente noqueado” durante o debate a cinco do luns.

As declaracións tiveron lugar minutos antes dun xantar mantido na mañá deste martes no restaurante Terra Taberna do Miño da capital con empresarios e emprendedores lucenses no que tamén estivo presente o número 2 da candidatura por Lugo, Lara Méndez.

“A nosa vocación nesta campaña, o noso proxecto para o próximos catro anos é economía, máis emprego, mellores salarios, máis potencia económica e máis dereitos”, manifestou Besteiro, antes de incidir en que “despois de 15 anos” o Partido Popular “non ten máis nada que ofrecer á cidadanía de Galicia”.

“O do PP é un proxecto sen ambición e eu creo que nós representamos precisamente o contrario. Temos que ter ambición de país e peso en España e en Europa. Cremos neste país e non podemos perder oportunidades. Lancémonos cara adiante con ilusión, con ambición, con proxecto, con equipo e sobre todo con capacidade de influencia no Estado”, agregou José Ramón Gómez Besteiro.

“REINDUSTRIALIZAR GALICIA”

No xantar cos empresarios lucenses, que se produciu tan só algunhas horas despois da participación do candidato no debate a cinco organizado pola Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG), Besteiro chamou tamén a atención sobre a importancia de “potenciar a economía” e “reindustrializar Galicia e Lugo”.

“Perdemos poboación, perdemos capacidade de ocupación de emprego e incrementouse a débeda pública. Pero somos un territorio enerxético, somos capaces de producir moito e a xestión de todo o que producimos ten que xerar alianzas entre o público e o privado”, sostivo.

En clave industrial, o candidato socialista tamén se referiu a a situación da planta de aluminio de Alcoa San Cibrao, resaltando a importancia de lograr que se cumpra “o acordo entre traballadores e empresa”. “Solucións ulteriores, como a intervención, si teñen que vir decidiranse entre as administracións, pero imos respectar ese acordo e imos potencialo. Non lle fagamos o xogo á empresa. Defendamos ese acordo con forza porque Alcoa é unha empresa moi importante que sostén moitos empregos na provincia”, declarou.

Tamén se referiu o candidato socialista á presidencia da Xunta para as eleccións do 18 de febreiro á importancia de defender os servizos públicos da “privatización” do PP e de “facer fronte ao reto demográfico” na provincia de Lugo por medio da creación de emprego.

“Cremos en Galicia, cremos que Galicia pode estar moitísimo mellor. Gobernar vainos a permitir crear máis empregos e empregos de máis calidade que eleven o PIB de Galicia e xeren prosperidade e riqueza”, finalizou José Ramón Gómez Besteiro.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...