InicioEconomíaO Concello de Lugo aproba os orzamentos máis elevandos da historia

O Concello de Lugo aproba os orzamentos máis elevandos da historia

A alcaldesa da cidade, Paula Alvarellos, destaca a "proxección social" das contas, que experimentan un incremento do 3,27%

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo aprobou este xoves nunha sesión ordinaria do Pleno Municipal a súa partida orzamentaria para o ano 2024. Unhas contas “marca” de 121,8 millóns de euros –un 3,27% máis que o pasado exercicio– que saíron adiante cos votos a favor de PSOE e BNG e a oposición do PP.

Os orzamentos para 2024, os máis elevados da historia de Lugo, contan, resaltou a alcaldesa da cidade, Paula Alvarellos, cunha “clara proxección social” e foron confeccionados, puntualizou a rexedora, “considerando o contexto global” e atendendo ás “suxestións dos veciños”.

“Destinamos un 30% deste orzamento a implementar políticas sociais, facendo fincapé nas persoas máis vulnerables. Apostamos por impulsar a rehabilitación e rexeneración dos barrios e evidenciamos o noso compromiso firme co noso tecido produtivo para dinamizar a actividade económica e xerar emprego”, sintetizou Alvarellos.

Durante a sesión, que arrincou ás 13,00 horas e que contou coa presenza da alcaldesa saínte, Lara Méndez, o Grupo Municipal Popular mostrou a súa oposición ao documento, que foi aprobado finalmente grazas ao apoio do bipartito e que entrará en vigor este venres coa súa publicación no BOP.

RECUPERACIÓN DO ESPAZO PÚBLICO”

O líder do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, valorou positivamente ao termo do Pleno Extraordinario a aprobación duns orzamentos que, dixo, permitirán ao Goberno municipal “continuar avanzando no proxecto de cidade” iniciado fai catro anos e medio.

“Lugo continuará avanzando na recuperación do espazo público para as persoas, no aforro enerxético e na mellora dos espazos urbanos”, manifestou o tenente de alcalde, antes de anunciar, entre outras medidas, unha partida de 365.000 euros destinados á peonalización da Rúa Milagrosa; un investimento de 460.000 euros para “mellorar a imaxe” do barrio de Recatelo; e unha inxección de 145.000 para mellorar as instalacións da Praza de Abastos.

Tamén se comprometeu a alcaldesa de Lugo, Paula çAlvarellos, en relación ás contas de 2024, a reservar unha partida de 2,5 millóns de euros para a peonalización e humanización de diferentes barrios da cidade –entre eles o centro histórico– co fin de lograr, dixo, unha “mobilidade máis funcional”.

ÚLTIMAS

Ángeles Vázquez ve igual de importante o expediente de Altri como o de ampliar unha granxa

A conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, asegura que é "igual de importante" para...

Alfonso Rueda e Ana Pontón coinciden no San Froilán

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alfonso Rueda, e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

As actividades do San Froilán renóvanse este mércores despois da borrasca Kirk

A área de Cultura, Turismo e Promoción dá Lingua do Concello de Lugo informou...

Facua critica a Xunta por patrocinar o Caudal Fest, sancionado por cobrar pola devolución do diñeiro de pulseiras

A organización de consumidores Facua criticou que a Xunta patrocinase o festival Caudal Fest, que se...