InicioPolíticaPedro Sánchez participará este sábado nun mitin en Lugo para arroupar a...

Pedro Sánchez participará este sábado nun mitin en Lugo para arroupar a Besteiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, estará este sábado en Lugo para participar nun mitin no que arroupará ao candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro.

Así o anunciou este mércores o número dous da candidatura por Lugo, Lara Méndez, antes dunha visita a Novafriga. Desde alí, avanzou que o acto do sábado, que se celebrará ás 11,00 na Facultade de Veterinaria, será para pór en valor “as propostas” de Besteiro “para a transformación de Galicia”.

Segundo Méndez, as eleccións autonómicas do 18 de febreiro son unha “oportunidade” para sacar a Galicia “da inacción” que vive co PP desde 2009 e para que á fronte da Xunta haxa un “partido galeguista útil” que “entende Galicia, con capacidade para dar solucións aos principais problemas” da Comunidade.

Será a terceira vez que Pedro Sánchez estea en Galicia en só unha semana, despois de que o domingo clausurase a Convención do PSOE na Coruña e de que leste mesmo mércores visite, como presidente do Goberno, no estaleiro de Navantia en Ferrol.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo aproba as bases para tramitar as subvencións do exercicio 2025 e do primeiro semestre de 2026

A Xunta de Goberno local de Lugo aprobou, fóra da orde do día, as...

O goberno local de Lugo aproba as bases para tramitar subvencións para o exercicio 2025 e primeiro semestre 2026

A Xunta de Goberno Local aprobou fóra da orde do día as bases...

O BNG de Lugo solicita un pleno extraordinario para “desbloquear máis de 2,7 millóns en facturas bloqueadas con Candia”

O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que a súa...

O Lugo Music Festival ’26 reúne na cidade música e talento de diferentes estilos e países

Lugo prepárase para vivir, do 18 ao 22 de agosto, unha nova edición do...