InicioAncaresBecerreáA Deputación de Lugo reunirase coa Plataforma Pro Residencia de Becerreá

A Deputación de Lugo reunirase coa Plataforma Pro Residencia de Becerreá

Convocou un encontro para o vindeiro luns, día 4, ás 12,00 horas, na sala de xuntas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo informou de que este venres recibiu por rexistro unha solicitude de reunión por parte da a Plataforma Pro Residencia de Becerreá e, “de inmediato”, convocou á plataforma a un encontro co deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, para o vindeiro luns, día 4, ás 12,00 horas, na sala de xuntas.

Na reunión, segundo comunicou a institución provincial, trasladará á plataforma “o compromiso firme” do Executivo provincial de “pór en funcionamento o centro residencial canto antes e resolverá calquera dúbida que poidan ter ao respecto”.

Ademais, informarán de que a Deputación “está pendente de que a empresa subministradora lle roporcione a autorización do enganche á rede para dar por finalizado o proceso de construción e instalación do Centro de Transformación para dotar da subministración eléctrica necesario á residencia”. Posteriormente, indica, “procederá a contratar e a dotar ao centro dos medios e equipamentos necesarios (camas, mobiliario, cociña, lavandaría, comedor, entre outros) para o seu funcionamento”, cuxo custo, detallou, “superará os 1,5 millóns de euros”.

“A Deputación de Lugo ten a firme vontade de cumprir co seu compromiso de pór en marcha a residencia de Becerreá, igual que cos compromisos adquiridos co resto de concellos con proxectos en marcha ou como demostrou coa apertura de seis residencias no pasado mandato. De feito, a día de hoxe, ten nove centros abertos, un construído pendente de equipar, dous en construción e seis en trámite, co que se completaría a rede de 18 residencias na provincia”, destacou.

ÚLTIMAS

Senadores do PP critican que o Goberno “deixe descolgada” a Lugo en materia de proximidade ferroviarias

Os senadores do PP lucense, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

Deteñen a un traballador dun centro comercial de Lugo por usar os datos de clientes para as súas compras

A Policía Nacional detivo en Lugo a un empregado dun centro comercial da cidade...

Revés xudicial ao Concello de Lugo: o TSXG estima o recurso presentado por CC.OO. polos pregos do programa ‘Aprende Xogando’

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estima o recurso presentado por Comisiones...

Lugo, ás portas de ser sede da Axencia Estatal de Saúde Pública: o PPdeG reclama apoios e denuncia o “desprezo” de Sánchez a Galicia

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, avanzou este xoves que os...