InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo apoia por unanimidade ás traballadoras da limpeza despois...

O Concello de Lugo apoia por unanimidade ás traballadoras da limpeza despois de 46 días en folga

No transcurso do debate, representantes de PSOE, BNG e PP coincidiron en apoiar que a situación das traballadoras é "precaria" e incidiron en que só piden un convenio "xusto", aínda que se lanzaron duros reproches entre eles.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Todos os grupos que conforman o pleno do Concello de Lugo apoiaron unha moción impulsada polo BNG para apoiar as reivindicacións das traballadoras da limpeza na cidade, que suman 46 días en folga, á espera de que se produza algún avance na negociación coa patronal.

No transcurso do debate, representantes de PSOE, BNG e PP coincidiron en apoiar que a situación das traballadoras é “precaria” e incidiron en que só piden un convenio “xusto”, aínda que se lanzaron duros reproches entre eles. A situación xerou malestar entre as traballadoras –unha representación acudira ao pleno–, que acusaron ás formacións de “pasarse” a pelota.

A encargada de defender a moción do BNG foi a concelleira nacionalista Cristina López, quen incidiu no papel que xogou o sector da limpeza en momentos como a época máis dura da pandemia da covid-19, que tamén recoñeceron o socialista Miguel Fernández e a popular Mar Carballas.

“Non estades a pedir nada que non merezades”, esgrimiu a popular Mar Carballas, quen salientou a relevancia do labor das traballadoras da limpeza. Socialistas e nacionalistas acusaron aos populares de protagonizar “un paripé”, que a nacionalista Cristina López tachou de “impúdico”.

“Queremos actuacións reais”, advertiu, mentres que o representantes socialista instou á popular a “porse a traballar” e propiciar que a Xunta “dea pasos”. Tamén a alcaldesa, Lara Méndez, puxo o foco en que os populares digan “unha cousa” no pleno e pronúnciense no sentido unánime, mentres o delegado da Xunta, Javier Arias, envía unha carta “culpando” ao goberno local da situación nos centros educativos.

“NON QUEDAREMOS SÓ CON LEVANTAR A MAN”

“E os nenos son moi importantes, pero tamén o é o centro das Gándaras e está en condicións que se podería dicir que rozan a insalubridade”, esgrimiu a rexedora, antes de afirmar que as traballadoras teñen dereito a exercer as súas “medidas de presión” dado que “o único que piden é que se cumpra a lei”.

“Non quedaremos só con levantar a man, que a levantaremos gusosamente, senón que faremos un seguimento para que se cumpra un obxectivo: que se cumpra a lei”, recalcou a alcaldesa, quen apelou á implicación da Xunta para favorecer a mediación e que se solucione o problema.

ÚLTIMAS

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...