InicioEconomíaO sector da limpeza en Lugo critica a petición de adiamento da...

O sector da limpeza en Lugo critica a petición de adiamento da patronal para decidir se acepta a mediación

Traballadores do sector da limpeza en Lugo criticou "unha nova mostra do "absoluto desinterese" de Aspel ao pedir ao Consello Galego de Relacións Laborais, un adiamento de 48 hora para decidir se acepta someterse á mediación ou non.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Traballadores do sector da limpeza en Lugo criticaron “unha nova mostra do “absoluto desinterese” de Aspel ao pedir ao Consello Galego de Relacións Laborais, un adiamento de 48 hora para decidir se acepta someterse á mediación ou non. Nunha nota de prensa, a CIG sinalou que esta comunicación foi remitida pola empresa na tarde do martes, polo que o prazo solicitado finalizaría este xoves.Para a representante da CIG-Servizos, Asunción Castiñeira, con este escrito a patronal estatal rí “de todo o mundo: das traballadoras, do CGRL, da administración e mesmo das persoas afectadas polas consecuencias da folga”. Castiñeira cargou contra a actitude da patronal por “secuestrar e negar” o dereito á negociación colectiva das traballadoras e lamentou o “desastroso papel” que xogan as administracións neste conflito.”A postura de Aspel, desde o primeiro momento, é dun desprezo total ao sector. Tivemos que pelexar para conseguir que se constituíse a mesa de negociación, porque Aspel non quería e agora as traballadoras teñen que realizar un esforzo económico, físico e psicolóxico descomunal“, puntualizou.FOLGA E MOBILIZACIÓNS CONTINÚANCon todo, á espera de que Aspel “responda sobre a mediación”, o persoal continúa coas mobilizacións diarias na rúa, os piquetes informativos, recolle apoios institucionais e fai quendas de 24 horas na caravana reivindicativa que instalaron hai unha semana ante o edificio da Xunta en Lugo.Na xornada do xoves acudirán á sesión plenaria do Concello no que se debaterá unha moción de apoio á súa loita e para a próxima semana un grupo de traballadoras trasladaranse ata Santiago xa que o BNG vai presentar unha iniciativa no Parlamento sobre o conflito no sector da limpeza de Lugo.

ÚLTIMAS

Unha balsa ilegal de xurros causa unha catástrofe ambiental no Landro

A Garda Civil investiga ao administrador único dunha explotación gandeira situada en Muras como...

Senadores do PP critican que o Goberno “deixe descolgada” a Lugo en materia de proximidade ferroviarias

Os senadores do PP lucense, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

Deteñen a un traballador dun centro comercial de Lugo por usar os datos de clientes para as súas compras

A Policía Nacional detivo en Lugo a un empregado dun centro comercial da cidade...

Revés xudicial ao Concello de Lugo: o TSXG estima o recurso presentado por CC.OO. polos pregos do programa ‘Aprende Xogando’

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estima o recurso presentado por Comisiones...