A asociación contra o maltrato Si, hai saída recibe o premio Meninas

A Delegación do Goberno en Galicia premia á asociación lucense contra a violencia de xénero Si, hai saída e anima "a toda a sociedade" a sumarse a esta loita

Os concellos recuperan competencias en materia de violencia de xénero | malostratos.org
Os concellos recuperan competencias en materia de violencia de xénero | malostratos.org

A Delegación do Goberno en Galicia anunciou as entidades sociais galardoadas cos premios Meninas, entre as que está a asociación lucense Si, hai saída. A autoridade gubernamental otorgou así mesmo a distinción honorífica á Garda Civil de Lugo. Estes galardóns recoñecen o papel na loita fronte á violencia machista con motivo do 25N, e por vez primeira contaron cun xurado nomeado polo delegado Javier Losada.

Ademais de Si, hai saída, asociación contra a violencia de xénero con base en Lugo, os Meninas recaen na Casa de Acollida de Ferrol, a Fundación Solidaridad Armaranta de Ourense, e a asociación Faraxa de Pontevedra, ademais do xuiz Miguel Filgueira, titular de violencia de xénero na Coruña. As mencións honoríficas recaeron na Policía Nacional de Pontevedra e a Policía Local de Vigo, amén das unidades do Instituto Armado despregadas na provincia de Lugo.

O delegado do Goberno salientou a estas persoas polas diferentes accións que realizan por erradicar esta lacra social. “Deberiamos facelo toda a sociedade”, reflexionou Losada, quen manifestou que “hai que concienciarse” para acabar coas diferentes formas de violencia de xénero. En nome da Vicepresidencia do Goberno e o Ministerio de Igualdade, dixo que agarda que “todos e todas” estean nese labor.

Si, hai saída é unha asociación formada por mulleres vítimas do maltrato, e ofrece asesoramento xurídico, acompañamento, faladoiros e xornadas adicadas a este eido. A Delegación do Goberno sinalou a participación e a reivindicación social destas mulleres a prol da igualdade real e efectiva.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here