Home Lugo e contorna Solidariedade das delegadas da CIG coas traballadoras da limpeza en “loita por unhas condicións dignas”

Solidariedade das delegadas da CIG coas traballadoras da limpeza en “loita por unhas condicións dignas”

0
Solidariedade das delegadas da CIG coas traballadoras da limpeza en “loita por unhas condicións dignas”
Manifestación no marco da campaña do 25N. CIG

As delegadas da CIG manifestáronse este mércores en Lugo no marco da campaña do 25N, que este ano o sindicato desenvolve baixo a lema ‘Non hai violencia que nos pare na conquista da igualdade’.

Segundo informou a CIG, esta mobilización, que foi precedida dun encontro nacional de formación e debate, constituíu tamén unha mostra de apoio e solidariedade das mulleres do sindicato ás compañeiras do sector da limpeza, que levan 38 días en folga para reclamar un convenio digno.

A folga das traballadoras da limpeza “é un exemplo de resistencia e loita” por conseguir unhas condicións salariais e laborais “dignas”, nun sector “altamente feminizado”.

“A vosa loita é a loita de todas as mulleres”, remarcou a secretaria confederal de Mulleres da CIG, Nicolasa Castro, antes de iniciar a manifestación que saíu de diante da Deputación e finalizou na CEL.

Castro remarcou o feito de que, precisamente, son os sectores “máis feminizado” os que nos últimos tempos “protagonizan as loitas “máis duras” pare reverter a “precariedade que padecen”.

“En data como a do 25 de novembro hai que pór en evidencia que entre os varios tipos de violencia que padecemos as mulleres tamén está a violencia da desigualdade mediante dos salarios e das condicións de traballo“, sinalou.

Por iso, este ano a CIG centrou a súa campaña na relación entre violencia e desigualdade e denunciar o papel das institucións que “fan paripés” en datas sinaladas do feminismo mentres “as condicións materiais se manteñen”.

+ posts