Home Lugo e contorna Lugo Detido un home en Lugo ao que interviñeron 22 doses de cocaína nun vehículo

Detido un home en Lugo ao que interviñeron 22 doses de cocaína nun vehículo

0

A Policía Nacional detivo a un home en Lugo tras intervirlle 22 dose de cocaína nun vehículo que “era utilizado para o transporte e distribución de sustancias estupefacientes”.

Segundo trasladou a Policía, axentes da Comisaría da capital lucense localizaron este xoves na zona norte da cidade un vehículo utilizado para este fin, polo que procederon á detención do seu ocupante por un delito contra a saúde pública.

Nesta operación, interviñeron 22 dose de cocaína, unha balanzade precisión e demais utensilios para a manipulación e preparación da droga antes da súa distribución. O detido foi trasladado a dependencias policiais á espera de ser posto a disposición xudicial.

+ posts