InicioSociedadeReabren as rutas de catamarán polo Miño tras terminar Naturgy as tarefas...

Reabren as rutas de catamarán polo Miño tras terminar Naturgy as tarefas de mantemento no encoro dos Peares

PUBLICADA O

- Advertisement -

Deputación de Lugo reabre as rutas en catamarán polo río Miño despois de terminar Naturgy os traballos de mantemento no encoro dos Peares. Segundo informa a Deputación nun comunicado, desde este mércores pódense reservar de novo billetes para estas viaxes que a institución provincial viuse obrigada a suspender no mes de outubro pola baixada do nivel de auga debida ás tarefas de Naturgy.

As reservas poden facerse na web reservas.rutasembalses.esEn novembro, funcionarán as dúas rutas, esta de o Miño e a do Sil (viaxes sábados e domingos, con saídas pola mañá e tarde). En decembro, os catamaráns sairán todos os días do 2 ao 10 con motivo da ponte da Constitución. O itinerario parte de Belesar, no municipio do Saviñao.

A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, informa de que volve activarse esta “hermosísima ruta, que ten unhas particularidades moi curiosas e que segue sorprendendo a todo aquel que a fai”.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...