InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo proporá á Xunta revisar o decreto de alumnado...

O Concello de Lugo proporá á Xunta revisar o decreto de alumnado mínimo para a viabilidade do Campus

"Os criterios para definir a viabilidade dunha titulación non poden establecerse unicamente polo número de alumnos e alumnas matriculados, senón polo rendemento que as persoas con titulación nestes graos achegan ao territorio", manifestou a alcaldesa, Lara Méndez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área socialista do Goberno local de Lugo defenderá no pleno ordinario deste mes unha proposición na que solicita á Xunta revisar o Decreto 222/2011, polo que se establece o alumnado mínimo por grao universitario como criterio para asegurar a súa viabilidade, “por non adecuarse á realidade galega e polas múltiples implicacións que a, a nivel social, económico e científico, ten esta norma para Lugo e, por extensión, para toda a Galicia rural”.

Co obxectivo de garantir o futuro do Campus Terra conservando a súa actual oferta educativa na capital lucense, o texto, segundo trasladou o Concello, insta tamén á USC a considerar a especialización do Campus Terra “como un valor competitivo diferencial na súa toma de decisións, especialmente ante unha posible reconfiguración do seu mapa de titulacións”.

“Os criterios para definir a viabilidade dunha titulación non poden establecerse unicamente polo número de alumnos e alumnas matriculados, senón polo rendemento que as persoas con titulación nestes graos achegan ao territorio”, manifestou a alcaldesa, Lara Méndez.

Neste sentido, insistiu en que a vinculación do Campus con Lugo ten “un peso capital no sistema produtivo”, ademais de lembrar algunhas das achegas dos equipos de investigación á sociedade.

“Gran parte da reforma estrutural acometida nas explotacións gandeiras galegas no século XXI levou a cabo tendo en conta os criterios de optimización de produción dos expertos de esteCampus. Ademais, o traballo de I+D+i que leva a cabo desde este espazo permitiu que valiosos proxectos empresariais visen a luz nos últimos anos, posibilitando fortalecer a nosa economía e dinamizando o mercado laboral”, defendeu a alcaldesa.

ÚLTIMAS

Sae a subasta por case 800.000 euros o local da centenaria pastelaría Madarro de Lugo

A Sección Civil de Execución do Tribunal de Instancia de Lugo dirixe a poxa...

O BNG pedirá no Congreso melloras no servizo de Correos na comarca de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou novas iniciativas para reclamar ao...

Un matrimonio de avanzada idade falece nun choque entre un camión e un turismo en Antas do Ulla

Dúas persoas, un matrimonio de avanzada idade, faleceron este martes nun accidente de tráfico...

Os gandeiros manteñen a tractorada en Lugo e o BNG denuncia a “competencia desleal” de Mercosur

Os gandeiros de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema, concentrados na cidade de Lugo...