InicioSucesosUnha decena de denunciados por varias infraccións nunha 'quedada' de coches en...

Unha decena de denunciados por varias infraccións nunha ‘quedada’ de coches en Lugo convocada por redes sociais

A maioría foron denunciados por exceso de velocidade, nunha vía limitada a 50 km/h

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Local de Lugo identificou e denunciou a unha decena de condutor por diferentes infraccións no marco dunha ‘quedada’ de coches, que foi convocada por redes sociais na cidade de Lugo.

Segundo informaron fontes policiais, tras ter coñecemento dese encontro, que tivo lugar na zona de Avenida de Infanta Elena, a Policía Local estableceu un dispositivo especial de control, con vehículos rotulados e outros camuflados.

Neste dispositivo os axentes formularon 6 denuncias por exceso de velocidade, sendo a velocidade máxima captada de 93 km/h nunha vía limitada a un máximo de 50 km/h. Así mesmo, denunciouse a un condutor con condución neglixente, e outros dous foron identificados e denunciados por ter a ITV sen presentar en prazo. A eles súmase outro condutor interceptado por unha infracción relacionada coa iluminación.

Por outra banda, noutros controis de tráfico, foron interceptados dous condutores que superaban o límite penal de alcoholemia permitido e que foron denunciados por supostos delitos contra a seguridade viaria, á vez que se inmobilizaron os seus vehículos.

Ademais, outro catro condutores foron denuciados, neste caso por infraccións administrativas, xa que deron positivo por alcoholemia pero sen chegar a superar o límite penal.

ACCIDENTE

A Policía Local de Lugo tamén informou dun accidente rexistrado na noite do sábado, no polígono das Gándaras. Alí, o condutor dun camión porta-vehículos saíuse da vía e impactara contra dous turismos estacionados.

AGRESIÓN

Por outra banda, a Policía Local de Lugo identificou un condutor como suposto autor dunha agresión a outro, co que discutira por unha praza de aparcadoiro.

+ posts

ÚLTIMAS

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...