InicioPolíticaO PP de Lugo e de León reclaman ao Goberno un plan...

O PP de Lugo e de León reclaman ao Goberno un plan de mantemento para a A-6

Trátase, segundo detallou o deputado no Congreso Francisco Conde, de garantir a seguridade viaria a usuarios que transcorren por esta vía cuxo firme "está moi deteriorado".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Distintos cargos orgánicos e con representación nas cámaras parlamentarias autonómicas, nacionais, locais e provinciais de Galicia e León reclamarán ao Goberno a posta en marcha dun plan extraordinario e integral de conservación e mantemento para a autovía A-6.

Deste xeito, tamén instan o Executivo en funcións a consignar partidas orzamentarias plurianuais concretas para atender ás necesidades inmediatas, así como a actuar no caso de que se volvan a producir novos desprendementos ou incidencias que poidan ocasionarse a consecuencia de fenómenos meteorolóxicos adversos típicos do inverno e de zonas de montaña como é este caso.

Trátase, segundo detallou o deputado no Congreso Francisco Conde, de garantir a seguridade viaria a usuarios que transcorren por esta vía cuxo firme “está moi deteriorado”, sobre todo “nos 70 quilómetros que separan O Corgo do municipio berciano de Villafranca do Bierzo”.

Neste sentido, os populares remarcan que a situación actual da autovía é consecuencia do “abandono” en materia de conservación e mantemento, sen que o Goberno “teña a capacidade de reacción para acometer de maneira urxente actuacións que garantan a seguridade e a restitución dos impactos derivados da caída do viaduto e os desprendementos que se producen”.

A situación é inxusta e inxustificable e, cos últimos acontecementos, é insustentable. Cada vez que facemos un seguimento das nosas comunicacións, empeora tamén a competitividade para os nosos autónomos e os nosos empresarios”, afirmou a presidenta do PP provincial, Elena Candia. Tamén a deputada do PP pola provincia de León Silvia Franco indicou que este é “unha fronte común para unha vía que é estratéxica”.

Por todo isto, Francisco Conde defendeu que o proceso de negociación para a investidura de Pedro Sánchez teña “unha resposta en igualdade de repartición territorial”. “Esperemos que non se utilice esta negociación para facer unha discriminación positiva cara a outras Comunidades como Cataluña ou o País Vasco porque o equilibrio territorial é igual para todos os españois”, reflexionou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...