InicioEconomíaA Deputación de Lugo atende varios espazos verdes en dezanove concellos

A Deputación de Lugo atende varios espazos verdes en dezanove concellos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo encargarase da conservación e mantemento dun total de 39 espazos verdes en 19 concellos da provincia nos que se incorporan o futuro Parque Central de Galicia, en Antas de Ulla, e unha parte do Parque do Intre.

Así o explicou a portavoz socialista da Deputación, Pilar García Porto, tras a xunta do goberno provincial na que aprobaron a modificación do encargo que a institución fixo a Tragsa para a conservación e mantemento das zonas verdes públicas de titularidade provincial.

Desta forma, García Porto informou que, con este cambio, a institución provincial ampla o orzamento a 920.000 euros, así como os espazos públicos.

LUGO TERMAL E CONTRATO DE GASÓLEO DE CALEFACCIÓN

Ademais, na reunión do goberno provincial aprobaron a licitación do programa ‘Lugo Termal’ co que ofrecen descontos aos veciños de máis de 50 anos nos balnearios de Lugo, Pontón, Pambre e Guitiriz.

Ante isto, García Porto indicou que esta tempada a Deputación potencia o programa de termalismo ao incrementar o investimento ata os 91.000 euros e as prazas ata as 1.300.

Así mesmo, deron luz verde á licitación, por un importe de 90.000 euros, do contrato para a subministración de gasóleo C para a calefacción dos centros de traballo da institución provincial con duración dun ano, prorrogable a outro.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...